Regia Anglorum

Regia Anglorum (un antigo termo que significa Reinos dos Ingleses) é un dos
meirandes grupos de recreación histórica do mundo. Céntrase sobre todo na vida
militar e civil en Gran Bretaña entre os anos 900 e 1100 D.C. Regia Anglorum
ten xa 38 anos de vida e é un grupo internacional, e aínda que
centrado en Bretaña ten membros espallados por todas partes, incluindo América
do Norte, Suráfrica, Escandinavia e Europa do Leste.
A recreación de batallas esquecidas tempo ha é unha parte de moitos dos eventos
públicos do grupo, pero é só unha das súas actividades. Moitos dos socios e socias
están a explorar oficios tradicionais coma o tallado de madeira, bordado, traballo
do coiro, esculpido en pedra e outras actividades non militares que formaban parte
da vida cotiá durante a Idade Media e das que fan demostracións en numerosos eventos
ó longo do ano.
Se estás interesado neste período da historia: unha era perdida de oficios e técnicas
antigas, un tempo de brutais conflictos entre Saxóns e Daneses, un tempo de conquista
Normanda e incursións Viquingas, acode a visitarnos á nosa vindeira recreación dalgunha
batalla, ó noso vindeiro evento de recreación civil, ou quizais incluso considera a opción
de unirte a nós.
Bota un ollo ós nosos eventos programados próximamente:
27 de septembro de 2025 (Sábado) – 28 de septembro de 2025 (Domingo)
Localización: Sherwood Pines, Nottinghamshire
Código postal: NG21 9JL
11 de outubro de 2025 (Sábado) – 12 de outubro de 2025 (Domingo)
Localización: Battle Abbey, Sussex
Código postal: TN33 0AE
26 de outubro de 2025 (Domingo)
Localización: Wantage, Royal County of Berkshire
Código postal: OX12 8AB
11 de abril de 2026 (Sábado)
Localización: Wallingford, Royal County of Berkshire
Código postal: OX10 0DB